Unha rede ben feita non se nota: todo funciona, rápido e seguro. Deseñamos, instalamos e mantemos a rede da súa empresa, dende a conexión a internet ata o último posto.
Que inclúe
- Firewall (devasa) con regras á medida da súa empresa e rexistros que se poden revisar.
- VPN para teletraballo e conexión segura entre sedes.
- Rede con cable e wifi para o persoal, separada da de convidados.
- Segmentación: cámaras, impresoras e equipos de xestión, cada un no seu sitio.
- Vixilancia da conexión e dos equipos de rede, con aviso se algo falla.
- Documentación da rede: que hai, onde está e como se accede.
Para quen
Empresas que dependen da súa rede para traballar e non se poden permitir unha parada nin unha intrusión.
Preguntas frecuentes
Que firewall instalan?
Traballamos sobre todo con Fortinet e Sophos. Se xa ten un firewall, revisamos se está ao día e ben configurado antes de propoñer cambialo.
Poden separar a wifi dos clientes da da empresa?
Si, e é do primeiro que recomendamos: os convidados navegan, pero non ven os seus equipos, impresoras nin servidores. O mesmo coas cámaras e outros aparellos conectados.
Como conecto dúas oficinas ou a quen teletraballa?
Cunha VPN: un túnel cifrado polo que a outra sede ou o portátil da casa traballan coma se estivesen na oficina, con acceso só ao que lles corresponde.
E se cae internet?
Vixiamos a conexión e chéganos un aviso se falla. Se a súa empresa non pode parar, pódese engadir unha segunda conexión de respaldo, e o firewall pasa a ela cando a principal cae.
Falamos?
Chámenos ao 986 165 833 ou escríbanos dende contacto e mirámolo xuntos.