A súa carta no móbil do cliente nada máis escanear o QR: lixeira, rápida e sen instalar ningunha aplicación. E vostede cámbiaa desde o seu propio móbil, sen esperar por ninguén nin reimprimir nada.
Hoxe fóra de cartaCaldo galego6,50 €
Para compartir- Polbo á feira16,00 €raciónMoluscos
- Pementos de Padrón7,50 €ración
- Empanada de zamburiñas4,00 €raciónGluteOvoMoluscos
- Zamburiñas á prancha2,50 €pezaMoluscos
- PercebesSegundo mercadoCrustáceos
- Pescada á galega19,00 €raciónPeixe
- Torta de Santiago5,00 €EsgotadoOvoFroitos de casca
- Filloas4,50 €raciónGluteOvoLeite
Para os seus clientes
- Ábrese ao momento. Unha páxina lixeira, pensada para cargar rápido tamén con pouca cobertura.
- Sen aplicación. Escanean o QR coa cámara do móbil e xa están na carta.
- No seu idioma. Galego, castelán, inglés ou outros: se un prato aínda non está traducido, móstrase en castelán.
- Alérxenos claros. Os 14 alérxenos do Regulamento (UE) 1169/2011 e as trazas, con iconas en cada prato e a lista completa.
Para vostede, desde o móbil
- Cambia un prezo e publícase ao momento. Entra co seu contrasinal desde o móbil, sen ordenador.
- Engade pratos e seccións e ordénaos como queira.
- Esgotado ou oculto, sen borrar. Un prato que se acaba márcase como esgotado ou escóndese ata que volva, sen ter que escribilo de novo.
- Historial de versións. Cada cambio queda gardado e, se se equivoca, desfaino.
- Cada prato escríbese unha vez. As traducións van no mesmo prato, co mesmo prezo e os mesmos alérxenos en todos os idiomas.
Alérxenos que non se contradín
As iconas de cada prato e a lista legal de alérxenos saen dos mesmos datos: se cambia un ingrediente, cambian as dúas á vez. A carta non di unha cousa nun sitio e outra noutro.
Prezos como os cobra vostede
Por ración, por peza, por quilo ou por 250 g, «por encarga» ou «segundo mercado»: cada prato coa súa forma de prezo.
Os seus QR impresos seguen valendo
Se xa ten QR nas mesas, na porta ou na carta de papel, non hai que cambialos: mantemos os mesmos enderezos e cada QR segue levando ao seu sitio.
Sen WordPress nin complementos
A carta non leva WordPress nin complementos de terceiros: menos pezas que actualizar e menos portas para un ataque. Facémola e mantémola nós, en Vigo, cun só interlocutor.
Se o precisa, tamén
- Fóra de carta. Un bloque arriba cos pratos do día, que se cambia nun momento.
- Aviso de peche. Vacacións ou descanso, visible nada máis abrir a carta.
- Versión para imprimir. A mesma carta lista para papel, cos mesmos prezos e alérxenos.
Como traballamos
- Falamos do seu local e de como é a súa carta.
- Pasamos a súa carta actual, cos seus prezos e alérxenos, e vostede revísaa.
- Publicámola nos enderezos dos seus QR e ensinámoslle a cambiala desde o móbil.
- Despois mantémola: un só interlocutor para o que precise.
Preguntas frecuentes
Teño que cambiar os QR que xa teño?
Non, se apuntan a un enderezo que poidamos manter, por exemplo do seu propio dominio: a carta nova publícase nese mesmo enderezo e os QR impresos seguen valendo. Se o seu QR leva a un servizo doutra empresa, revisámolo con vostede antes de empezar.
Podo cambiala eu desde o móbil?
Si. Entra co seu contrasinal, cambia o prezo ou o prato e publícase ao momento. Se se equivoca, o historial déixalle volver á versión anterior.
E os alérxenos?
Cada prato leva os seus, dos 14 que marca o Regulamento (UE) 1169/2011, e as trazas. As iconas e a lista legal saen dos mesmos datos, así non se contradín. O que leva cada prato indícao vostede; nós ocupámonos de que se vexa ben.
En que idiomas pode estar?
Nos que precise: por exemplo galego, castelán e inglés. Cada prato escríbese unha vez, coas súas traducións; se falta algunha, móstrase en castelán.
Preciso WordPress?
Non. A carta vai sen WordPress nin complementos: non hai nada diso que actualizar e hai menos por onde atacala. Vostede só entra no seu panel para cambiar a carta.
Canto custa?
Depende da súa carta, dos idiomas e do que queira engadir, como o fóra de carta ou a versión para imprimir. Dámoslle un orzamento sen compromiso despois de falar con vostede.
Falemos da súa carta
Cóntenos como é a súa carta e onde ten os QR. Chámenos ao 986 165 833 ou escríbanos e mirámolo xuntos.