Política de privacidade

Última actualización: 24 de outubro de 2026

1. Responsable do tratamento

ANACOS INFORMATION TECHNOLOGY, S.L. (ANACOS), con CIF B27761733, inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra e con domicilio na Rúa Emilia Pardo Bazán 66 Baixo, 36204 Vigo (Pontevedra). Teléfono: 986 165 833. Correo para cuestións de privacidade: info@anacos.es.

2. Que datos tratamos, para que e con que base

Formulario de contacto. Nome, correo electrónico, asunto, mensaxe e o enderezo IP dende o que se envía. Finalidade: responder á súa consulta e, se o pide, prepararlle unha proposta. Base xurídica: o seu consentimento ao enviar o formulario e, cando proceda, a aplicación de medidas precontractuais a petición súa (art. 6.1.a e 6.1.b do RXPD). Para evitar abusos, gardamos durante unha hora unha pegada cifrada (hash) da IP e da hora do envío.

Estatísticas de visitas (Matomo, sen cookies). Páxinas visitadas, data e hora, páxina de procedencia, tipo de navegador e dispositivo, país aproximado, a IP anonimizada (sen os dous últimos bloques) e os clics en descargas e ligazóns. Finalidade: coñecer o uso da web e mellorala. Base xurídica: interese lexítimo (art. 6.1.f do RXPD), con datos minimizados e sen elaborar perfís.

Rexistros técnicos do servidor. Coma calquera servidor web, o noso anota a IP, a data, a páxina solicitada e o navegador para manter a seguridade e detectar ataques. Base xurídica: interese lexítimo na seguridade da web (art. 6.1.f do RXPD).

Soporte remoto. O botón de descarga leva ao programa AnyDesk, de AnyDesk Software GmbH, que aplica a súa propia política de privacidade. Durante unha asistencia tratamos só os datos necesarios para resolvela.

3. Canto tempo conservamos os datos

  • Mensaxes do formulario: o tempo necesario para atender a consulta e, despois, mentres poidan derivarse responsabilidades, salvo que nos pida antes a súa supresión.
  • Estatísticas: mentres sexan útiles para as estatísticas da web. Pode pedirnos que eliminemos as das súas visitas.
  • Rexistros do servidor: durante un período limitado, por seguridade.

4. Destinatarios

Non cedemos os seus datos a terceiros salvo obriga legal. Prestan servizo como encargados do tratamento o provedor de aloxamento do noso servidor e Google Ireland Ltd. (Google Workspace), que xestiona o noso correo electrónico. Google pode tratar datos fóra do Espazo Económico Europeo coas garantías do Marco de Privacidade de Datos UE-EUA e das cláusulas contractuais tipo.

5. Os seus dereitos

Pode solicitar o acceso, a rectificación, a supresión, a oposición, a limitación do tratamento e a portabilidade dos seus datos, e retirar o seu consentimento en calquera momento, escribindo a info@anacos.es ou ao noso enderezo postal e indicando que dereito exerce. Se considera que non atendemos ben a súa solicitude, pode reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

6. Comunicacións comerciais

Non enviamos comunicacións comerciais a quen nos escribe polo formulario, salvo que nolo pida expresamente.

7. Seguridade

A web é estática, sérvese sempre cifrada (HTTPS) e aplica cabeceiras de seguridade. O formulario non usa servizos de terceiros para filtrar robots.

8. Cambios

Publicaremos aquí calquera cambio desta política, coa súa data de actualización.

Normativa: Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD), Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), e Lei 34/2002 (LSSI).