O correo é por onde entran a maioría dos ataques e fraudes, e é a nosa especialidade. Protexémolo nos dous sentidos: que vostede non caia nun engano e que ninguén poida facerse pasar pola súa empresa.
Sospeita dun ataque? Desconecte o equipo da rede e chámenos xa: 986 165 833
O que resolvemos
- Os seus correos chegan ao spam. Deixamos o seu dominio ben configurado, para que Gmail, Outlook e os demais confíen nel.
- Alguén envía correos co seu nome. Cortámolo, para que eses correos non cheguen.
- Un «provedor» cambia a súa conta bancaria. Protección contra suplantacións e unha regra sinxela: ningún cambio de conta sen confirmalo por teléfono.
- Phishing e anexos perigosos. Filtrado ben axustado, con Microsoft 365, Google Workspace ou un hosting.
- Contas roubadas. Contas protexidas, para que un contrasinal roubado non abonde.
- Quen envía no seu nome. Sabemos que servizos envían correo co seu dominio, e cales non deberían.
Como traballamos
- Revisamos o seu dominio e o seu correo: que está ben e que hai que corrixir.
- Corrixímolo por fases, sen cortar o correo.
- Axustamos o filtrado e a protección das contas.
- Formamos o seu persoal para recoñecer un engano.
Para quen
Calquera empresa que factura, cobra ou trata con clientes por correo, con Microsoft 365, Google Workspace ou un hosting.
Preguntas frecuentes
Por que os meus correos chegan ao spam?
A miúdo, porque o seu dominio non está ben configurado para demostrar que o correo é de verdade seu, algo que Gmail, Outlook e os demais esixen cada vez máis. Revisámolo e explicámoslle que corrixir.
Poden enviar correos facéndose pasar por nós?
Se o seu dominio non está protexido, si: calquera pode poñer o seu enderezo como remitente. Ben configurado, a maioría dos servidores rexeitan eses correos.
Chegounos unha factura con outra conta bancaria. Que facemos?
Non pague nin responda a ese correo: chame ao provedor a un teléfono que xa tivese. É un dos fraudes máis habituais. Ten os pasos en Que facer se…
Serve con Microsoft 365 e con Google Workspace?
Si, e tamén co correo dun hosting. Adaptamos a protección a cada un.
Como está a seguridade do seu correo?
Díganos o seu dominio e revisámolo con vostede. Chámenos ao 986 165 833 ou escríbanos e mirámolo xuntos.