Resolvemos a maioría das incidencias sen desprazarnos: conectámonos ao seu equipo, co seu permiso, e arranxámolo mentres vostede o ve.
Asistencia remota en tres pasos
- Descargue o programa de soporte de Anacos para o seu equipo (máis abaixo; marcámoslle o seu).
- Ábrao e díganos o número que aparece na pantalla, por teléfono ou como quedasemos.
- Acepte a conexión. Verá todo o que facemos e pode cortala cando queira.
Descargar
Precisa axuda agora?
Chámenos ao 986 165 833 e indicámoslle os pasos un a un.
Seguridade
A conexión vai cifrada e só se abre cando vostede a acepta. Desconfíe de quen lle pida instalar un programa de control remoto por teléfono sen identificarse: se ten dúbidas, colgue e chámenos vostede ao 986 165 833.
Sospeita dun ataque? Desconecte o equipo da rede e chámenos xa: 986 165 833
Preguntas frecuentes
É seguro deixar que se conecten ao meu equipo?
Si: a conexión vai cifrada, só se abre cando vostede a acepta e pode cortala en calquera momento. Verá na pantalla todo o que facemos.
Teño que instalar algo?
Só o programa de soporte de Anacos desta páxina. En Windows e Mac ábrese sen máis; no móbil instálase dende a tenda oficial.
E se non sei que número darlles?
Chámenos ao 986 165 833 e indicámoslle os pasos ata conectar.