Como traballamos

O seu primeiro mes con Anacos

Cambiar de provedor impón respecto. Así son os primeiros pasos, sempre nesta orde; o ritmo márcao a súa empresa.

  1. Coñecernos

    Cóntanos como traballa, que lle preocupa e que ten contratado hoxe.

  2. Revisión

    Equipos, servidores e rede; Microsoft 365 ou Google Workspace e a seguridade do correo; copias, accesos e licenzas. Que está ben, que é urxente e que pode agardar.

  3. Plan por fases

    O urxente primeiro e o que custa cada paso. Vostede decide que se fai e cando.

  4. Accesos e documentación

    Ordenamos contrasinais e accesos, e deixamos por escrito que hai e onde está.

  5. En marcha

    Soporte remoto nos seus equipos, copias comprobadas e un único teléfono para todo: o noso.

Seguridade

Seguridade, seguridade e seguridade.

Trátase de garantir os servizos e as infraestruturas da súa empresa: evitar riscos, paradas e perdas.
O demais son palabras baleiras.

Tecnoloxía de servizos

Usuarios e servizos teñen que facer o que precisan; o demais é innecesario ou superfluo e non lle achega nada nin á empresa nin á propia persoa.

Se fai falta, hai que saber o que pasou.

Auditar accesos, entradas, lecturas e copias, envíos de correo e extracción de información.

A información da empresa é da empresa, non de quen traballa nela.

Cifrado

Información en mans alleas?

Se se perde ou a sacan, a información non pode ser accesible.
As comunicacións teñen que ser seguras, cun protocolo sólido que non se poida descifrar.

Comunicación

Os seus servizos, integrados e centralizados.

Na medida do posible, integrar servizos e programas para que datos e información non queden espallados e non haxa escusas entre departamentos, provedores e acredores.

Pida axuda!

Somos expertos en servizos informáticos para empresas: virtualización, copias de seguranza, firewall, Active Directory, VoIP e bases de datos.
Póñase en contacto connosco e vexamos como levar adiante os seus proxectos.

  • Sophos Partner
  • Fortinet Partner
  • Microsoft Partner
  • HP Partner
  • Dell Technologies Partner
  • VMware Partner
  • Synology Partner
  • Veeam Partner