O seu correo, os seus documentos e as súas contas, ben montados e protexidos. Ocupámonos do día a día de Microsoft 365 para que vostede só teña que usalo.
Que inclúe
- Correo, Teams, SharePoint e OneDrive, configurados segundo traballa a súa empresa.
- Licenzas á súa medida: nin de máis nin pagadas sen usar.
- Altas e baixas de persoas no mesmo día, co seu correo e os seus ficheiros a salvo.
- Seguridade do correo: protección fronte a suplantacións, phishing e anexos perigosos.
- Equipos e móbiles xestionados: se se perde un, bloquéase ou bórrase a distancia.
- Copias do correo, OneDrive e SharePoint, gardadas á parte.
Contas protexidas
Configuramos as contas para que un contrasinal roubado non abonde para entrar e cada persoa acceda só ao que lle corresponde. Que medidas precisa a súa empresa decidímolo con vostede, segundo como traballa.
Como traballamos
- Revisamos o seu Microsoft 365: licenzas, contas e seguridade.
- Explicámoslle que é urxente e que custa cada paso.
- Corrixímolo por fases, sen cortar o traballo.
- E levámolo día a día: altas, baixas, dúbidas e avisos.
Para quen
Empresas que xa usan Microsoft 365 e non saben se está ben configurado, ou que queren pasarse a el.
Preguntas frecuentes
Xa temos Microsoft 365. Poden revisalo?
Si, e é o máis habitual: licenzas que sobran, accesos sen protexer ou un correo que calquera pode suplantar. Mirámolo e dicímoslle que corrixir primeiro.
Que licenza preciso?
Depende do que use cada persoa. Revisamos que precisa cada un e propoñémoslle as licenzas xustas, para que non pague polo que non usa.
O dobre factor non é unha molestia?
Ben configurado, apenas: unha aprobación no móbil de cando en vez. É das medidas que máis roubos de contas evitan.
Que fago se me rouban a conta?
Cambie o contrasinal dende outro equipo, peche as sesións abertas e chámenos: revisamos que pasou e pechámolo. Ten os pasos en Que facer se…
Microsoft 365 ou Google Workspace?
Os dous funcionan ben. Se a súa empresa vive en Word, Excel e Outlook, ou usa programas que se integran con Windows, Microsoft 365 adoita encaixar mellor; se traballa sobre todo no navegador e con documentos compartidos, Google Workspace é máis sinxelo. Traballamos cos dous e recomendámoslle o que lle convén.
Como está o seu Microsoft 365?
Cóntenos que ten: licenzas, contas e correo. Chámenos ao 986 165 833 ou escríbanos e mirámolo xuntos.