Formación

Formación de Anacos

Formación en competencias dixitais

Tecnoloxía útil, segura e adaptada a cada contorno

En Anacos impartimos formación tecnolóxica práctica e actualizada, adaptada a persoas, empresas e centros educativos. O noso obxectivo é que a tecnoloxía se entenda, se aproveite e se use de forma segura e responsable.

Que ofrecemos?

Competencias dixitais básicas e avanzadas.

  • Programación por bloques e pensamento computacional.
  • Creatividade dixital, edición básica e ferramentas en liña.
  • Uso responsable de internet, identidade dixital e ciberconvivencia.

Concienciación tecnolóxica na empresa: uso eficiente e responsable da tecnoloxía.

  • Ciberseguridade básica para o persoal: como protexer dispositivos, datos e accesos.
  • Boas prácticas dixitais: contrasinais seguros, xestión de ficheiros, traballo na nube.
  • Cursos de intelixencia artificial aplicada: uso responsable e seguro de ferramentas de IA (ChatGPT, copilotos, asistentes, automatización…).
  • Formación personalizada para equipos non técnicos.

Por que escollernos?

Experiencia real impartindo formación tecnolóxica en distintos contornos.

Metodoloxía clara, sinxela e adaptada ao nivel de cada grupo.

Profesionais con perfil didáctico e coñecementos actualizados.

Flexibilidade total: presencial, en liña, sesións puntuais ou programas completos.

Para quen traballamos?

Concellos e entidades públicas.

Empresas que queren mellorar as competencias dixitais do seu equipo.

Centros educativos, asociacións e colectivos.