Levamos a informática de empresas de Pontevedra e do Salnés —Vilagarcía de Arousa, Cambados, Sanxenxo, O Grove— desde a nosa oficina de Vigo: sistemas, redes, copias e ciberseguridade, cun único responsable.
Preto, aínda que non esteamos na mesma rúa
A maior parte do traballo faise en remoto: conectámonos aos seus equipos, co seu permiso, e resolvémolo sen desprazamentos. As instalacións, un servidor novo ou unha rede fanse na súa oficina, e planificámolas con vostede para non parar a súa actividade.
Tamén estamos na comarca fóra da oficina: patrocinamos o CD Ribadumia, o club de fútbol de Ribadumia.
Que podemos levar
- Servidores e equipos ao día, con avisos antes de que algo falle.
- Rede e wifi para oficinas, comercios e naves, cun firewall ben configurado.
- Microsoft 365 e o correo da empresa, ben configurados e seguros.
- Copias de seguranza automáticas, fóra da oficina e comprobadas.
- Simulacros de phishing e formación para que o seu equipo recoñeza os enganos.
- Carta dixital QR para restaurantes e hostalaría da costa.
Como empezamos
Cunha revisión do que ten hoxe: que está ben, que é urxente e que pode agardar. Despois, un plan por fases e un único responsable: nós.
Preguntas frecuentes
Poden levar a nosa informática se non estamos en Vigo?
Si. Case todo se resolve en remoto, sen desprazamentos, e cando fai falla ir á súa oficina planificámolo con vostede.
Traballan con hostalaría e comercios?
Si. Ademais de oficinas, montamos a rede e a wifi de locais, coa dos clientes separada da do negocio, e facemos a carta dixital QR de restaurantes.
Levan toda a informática ou só unha parte?
O que prefira. Moitas empresas déixannos toda a súa informática para ter un único responsable; outras pídennos algo concreto, como a rede, as copias ou o correo.
Falemos da súa empresa
Chámenos ao 986 165 833 ou escríbanos dende contacto e mirámolo xuntos.