Un só responsable para toda a súa informática
A nosa forma de traballar nace dunha realidade moi común nas empresas: demasiados provedores, demasiadas decisións técnicas e pouca visión de conxunto. Simplificamos os sistemas informáticos e centralizamos a xestión tecnolóxica nun único interlocutor, con criterio e responsabilidade.
Cando a tecnoloxía está ben xestionada, a empresa gaña tempo, control e capacidade de decisión.
Unha xestión externalizada ben feita permite centrarse no negocio sen andar apagando lumes a cada pouco.
Máis que un provedor, actuamos como un asesor tecnolóxico de confianza.
Ocupámonos de todo o relacionado co contorno TIC, defendendo sempre os intereses da empresa.
OPTIMIZACIÓN
SEGURIDADE
CUALIFICACIÓN
REDUCIÓN DE CUSTOS

A tecnoloxía, ben xestionada
Xestionamos a informática de empresas que precisan orde, criterio e continuidade.
Actuamos como interlocutor único fronte a provedores e servizos tecnolóxicos, simplificando a xestión e evitando problemas.
Analizamos cada contorno e propoñemos opcións realistas, para que a empresa poida centrarse na súa actividade sen cargar coa tecnoloxía.
Sistemas, redes e seguridade, sen sobresaltos
A principal preocupación de moitas empresas é dar un bo servizo aos seus clientes, de forma áxil e continua.
Nós facémolo posible evitando paradas, perdas de tempo e distraccións tecnolóxicas.
PRODUTIVIDADE
Que cada persoa poida centrarse no seu traballo, sen distraccións por problemas tecnolóxicos.
SERVIZOS PROFESIONAIS
Traballamos con seriedade, claridade e experiencia.
Centrámonos na súa empresa, nos seus clientes e no seu persoal.
SEGURIDADE
Protección dos seus datos, da súa empresa e da continuidade do seu negocio.
Como podemos axudar?
MANTEMENTO,
BOLSA DE HORAS,
SERVIZOS XESTIONADOS,
EXTERNALIZACIÓN TIC,
CHAVE EN MAN
Chámenos
Coñézanos

Como está a seguridade da súa empresa?
Rede, firewall, copias, contrasinais, accesos… Se non ten claro en que punto está, cóntenolo e mirámolo xuntos.
Números, nada máis
A realidade é o boca a boca: así xorden oportunidades e relacións estables, a partir dun servizo profesional e axeitado a cada empresa.
- PROXECTOS
- + 500
- ANOS DE EXPERIENCIA
dende 2008 - + 18
- INTERLOCUTOR ÚNICO
- 1
O que adoitan preguntarnos
Con que empresas traballan?
Con empresas de Vigo e a súa área que se toman en serio a súa informática: a seguridade, as copias e poder seguir traballando pase o que pase. As medidas adáptanse ao tamaño de cada unha, nin de menos nin de máis.
Xa temos un informático ou un provedor. Poden traballar con el?
Si. Podemos levar toda a informática ou só unha parte (a seguridade, as copias ou a rede) e coordinarnos con quen xa a leva. O importante é que cada cousa teña un responsable claro.
Como se empeza?
Vendo o que ten hoxe: que está ben, que é urxente e que pode agardar. Despois propoñémoslle un plan por fases, co urxente primeiro, para que decida con datos. Así é o seu primeiro mes connosco.
Atenden en remoto ou veñen á oficina?
As dúas cousas. Moitas incidencias resólvense en remoto ou por teléfono, sen agardar por un desprazamento; as instalacións e o que non se pode arranxar a distancia, na súa oficina.
Que fago se teño unha urxencia?
Chámenos ao 986 165 833. Se sospeita dun ataque, desconecte o equipo da rede (cable e wifi) e non o apague. Se precisamos conectarnos, descargue o programa dende Soporte remoto. Para cada caso, vexa que facer, paso a paso.
Con que fabricantes traballan?
Con Microsoft, Fortinet, Sophos, VMware, Synology, Veeam, Dell e HP, entre outros (partners). Escollemos a tecnoloxía polo que precisa a súa empresa, non pola marca.

Pida información
Ao servizo das empresas dende 2008, con experiencia en sistemas dende 1998.
Póñase en contacto connosco e vexamos como facer realidade o que espera.
Especialistas en pemes: sen letra pequena nin centralitas
