Para empresas de Santiago, A Coruña, Ourense, Lugo ou calquera outro lugar de Galicia, boa parte da informática lévase en remoto: o correo, Microsoft 365, as copias, a seguridade e o soporte do día a día.
Que levamos en remoto
- Soporte remoto para o día a día: conectámonos ao seu equipo, co seu permiso, e resolvémolo.
- Microsoft 365 e o correo da empresa, ben configurados e seguros.
- Migración de correo sen perder mensaxes e sen parar de traballar.
- Seguridade do correo, para que ninguén envíe correos facéndose pasar pola súa empresa.
- Copias de seguranza automáticas, fóra da oficina e comprobadas.
- Simulacros de phishing e formación para que o seu equipo recoñeza os enganos.
E cando hai que ir
Unha rede nova ou un servidor instálanse na súa oficina. Fóra da provincia de Pontevedra valorámolo con vostede en cada caso, para que o desprazamento teña sentido.
Como empezamos
Cunha revisión do que ten hoxe: que está ben, que é urxente e que pode agardar. Despois, un plan por fases e un único responsable: nós.
Preguntas frecuentes
Pódese levar a informática dunha empresa en remoto?
En boa parte, si: o correo, Microsoft 365, as copias, a seguridade e o soporte diario non precisan que esteamos alí. O que esixe presenza, como cablear ou cambiar un servidor, planifícase á parte.
É seguro que se conecten aos nosos equipos?
Si. Só nos conectamos cando vostede o autoriza, co programa de soporte de Anacos, e a conexión vai cifrada.
Levan toda a informática ou só unha parte?
O que prefira. Moitas empresas déixannos toda a súa informática para ter un único responsable; outras pídennos algo concreto, como a rede, as copias ou o correo.
Falemos da súa empresa
Chámenos ao 986 165 833 ou escríbanos dende contacto e mirámolo xuntos.