Facemos webs de empresa e ocupámonos delas despois: o aloxamento, as copias, as actualizacións e a seguridade. Unha web que funciona, se atopa en Google e ten detrás a alguén que responde.
Se chegou desde o pé doutra web, esa web fixémola ou mantémola nós.
Que inclúe
- Deseño á medida. Coa súa marca, clara no móbil e pensada para que o chamen ou lle escriban.
- Aloxamento en servidores que administramos nós, na Unión Europea, con certificado de seguridade.
- Copias diarias da web e da súa base de datos, gardadas á parte.
- Actualizacións revisadas. Aplícanse e compróbase que a web segue funcionando.
- Seguridade. Protección contra ataques e intentos de acceso, e revisión do que se instala.
- Vixilancia. Se a web cae, decatámonos nós antes ca os seus clientes.
- Textos legais e buscadores. Aviso legal, privacidade, cookies e os datos que Google precisa para mostrala ben.
Como traballamos
- Falamos da súa empresa e do que precisa que faga a web.
- Ensinámoslle unha proposta e axustámola con vostede.
- Publicámola co seu dominio e cos textos legais en orde.
- Despois mantémola: copias, actualizacións, cambios e un só interlocutor.
Web e correo, nas mesmas mans
O correo é a nosa especialidade: a web e o correo do seu dominio quedan ben configurados xuntos, para que os seus correos cheguen e ninguén se faga pasar pola súa empresa. Máis en seguridade do correo.
Preguntas frecuentes
Canto custa unha web?
Depende do que precise: non é o mesmo unha web de presentación ca unha con reservas ou tenda. Dámoslle un orzamento pechado despois de falar con vostede, co deseño e o mantemento por separado.
Con que fan as webs?
Co que mellor encaixe: WordPress se quere cambiar os textos pola súa conta, ou unha web á medida, máis rápida e con menos mantemento, se cambia pouco.
Xa teño web. Hai que facela de novo?
Non necesariamente. Revisamos a que ten, pasámola aos nosos servidores se lle convén e ocupámonos de mantela.
O dominio é meu?
Si: o dominio vai a nome da súa empresa. Se algún día quere cambiar de provedor, axudámolo co traspaso.
Que é o selo «Web creada e mantida por ANACOS»?
É a nosa sinatura no pé das webs que facemos e mantemos: indica quen responde por esa web. Se ve un problema nalgunha delas, pode avisarnos no 986 165 833.
Falemos da súa web
Cóntenos que ten e que precisa. Chámenos ao 986 165 833 ou escríbanos e mirámolo xuntos.