Unha copia que non se probou non é unha copia. Facemos copias automáticas dos seus datos, gardámolas á parte e comprobamos que se poden recuperar.
Que inclúe
- Copias diarias automáticas de servidores, equipos e correo.
- Unha copia fóra da oficina, separada da rede, a salvo dun ransomware.
- Probas de recuperación periódicas.
- Aviso se unha copia falla, antes de que a precise.
- Plan de recuperación: que se restaura primeiro e en canto tempo.
Para quen
Calquera empresa cuxos datos (facturas, clientes, proxectos) lle custaría anos refacer.
Preguntas frecuentes
Non abonda con OneDrive ou cun disco externo?
Non como única copia. OneDrive sincroniza: se un ficheiro se borra ou un ransomware o cifra, o cambio chega a todos os seus equipos. Un disco conectado ao ordenador cae con el. Unha copia de verdade garda versións antigas e está separada da súa rede.
Cada canto se fan as copias?
Cada día e de forma automática: servidores, equipos e correo.
Como sei que as copias funcionan?
Porque as probamos: facemos recuperacións de proba periódicas e chéganos un aviso se unha copia falla, para corrixilo antes de que a precise.
Se pasa algo, canto tardo en volver traballar?
Depende do que se perdese e do tamaño do seu sistema. Por iso preparamos un plan de recuperación que fixa que se restaura primeiro e en canto tempo, acordado de antemán.
Falamos?
Chámenos ao 986 165 833 ou escríbanos dende contacto e mirámolo xuntos.