Instalamos, configuramos e administramos os servidores e os postos de traballo da súa empresa para que sexan fiables, estean ao día e non dependan dunha soa persoa.
Que inclúe
- Servidores físicos e virtualizados, na súa oficina ou na nube.
- Usuarios, permisos e equipos centralizados (Active Directory, Microsoft 365).
- Actualizacións e mantemento preventivo planificados.
- Almacenamento compartido (NAS) e bases de datos.
- Migracións sen paradas: de equipos vellos a novos, ou á nube.
- Inventario e documentación de todo o instalado.
Para quen
Empresas que queren que a súa informática funcione sen sorpresas e que alguén responda por ela.
Preguntas frecuentes
Nube ou servidor na oficina?
Depende do que use, da súa conexión e do que lle custe unha parada. A miúdo o mellor é mixto: correo e documentos en Microsoft 365, e na oficina o que precisa velocidade ou traballa con equipos locais. Antes de decidir explicámoslle cada opción e o que custa.
Levan Microsoft 365?
Si: usuarios, licenzas, correo, Teams, OneDrive e SharePoint, coa seguridade ben configurada (dobre factor, permisos e protección do correo). Máis en Microsoft 365.
A persoa que o montou todo xa non está. Poden facerse cargo?
Si. Empezamos por inventariar o que hai, recuperamos os accesos e deixámolo todo documentado, para que a súa informática non volva depender dunha soa persoa.
Hai que parar para cambiar de servidor?
Normalmente non. Preparamos o novo en paralelo e facemos o cambio fóra do horario ou por partes, para que ao día seguinte todo funcione.
Falamos?
Chámenos ao 986 165 833 ou escríbanos dende contacto e mirámolo xuntos.