Sen conexión páranse o correo, os programas na nube e, ás veces, o teléfono. Unhas comprobacións sinxelas din en minutos se falla a liña ou a súa rede.
Como saber se lle pasou
Non cargan as páxinas, non chega o correo ou os programas na nube non responden.
Que facer, nesta orde
- Comprobe se falla en todos os equipos ou só nun, por cable e por wifi.Se falla só nun equipo, o problema está nese equipo ou no seu cable, non na liña.
- Mire as luces do router do operador: se algunha está en vermello ou apagada, o corte adoita ser da liña.É a forma máis rápida de saber se o corte é do operador, antes de tocar nada máis.
- Reinícieo unha soa vez e agarde uns minutos.Reinicialo varias veces seguidas non arranxa un corte da liña e pode alongar a volta.
- Se segue sen conexión, chame ao seu operador e anote o número de incidencia.Co número de incidencia pódese seguir a avaría e reclamar.
- Chámenos: se a avaría está na súa rede ou no firewall, mirámola nós.Se a liña funciona e a súa rede non, o fallo está no firewall, nun switch ou na wifi: iso mirámolo nós.
E despois
Se a súa empresa non pode parar, cunha segunda conexión de respaldo o firewall pasa a ela cando a principal cae.
Como evitar que volva pasar
Dúas conexións de operadores distintos e un firewall que pase dunha a outra sen que ninguén teña que facer nada. E a rede documentada, para atopar un fallo en minutos e non en horas.
Outros casos
- Se alguén deixa a empresa e segue tendo accesos
- Se perde ou lle rouban un portátil ou un móbil
- Ver a guía
Revisado o