Fundador de ANACOS
Dirixo ANACOS, a consultora informática que teño en Vigo. Ocúpome da parte técnica: decidir como se fan as cousas, poñerme a iso cando fai falla e responder ante o cliente.
De onde veño
Comecei con sistemas a finais dos noventa e desde aquela non saín de aí. Administrei servidores e redes, migrei correo dun sitio a outro máis veces das que lembro, montei contornos de Microsoft 365 e Google Workspace e coordinei equipos técnicos e provedores en proxectos onde cada un tiraba para un lado.
Cos anos vin que a informática dunha empresa vai ben cando hai alguén que a coñece enteira e sabe explicala. En ANACOS tentamos ser ese alguén, para empresas de Vigo desde 2007.
O que máis me adoitan pedir
- Revisar como está a informática dunha empresa e que convén cambiar primeiro.
- Microsoft 365 e Google Workspace: correo, usuarios, accesos e seguridade.
- Servidores, virtualización, redes e acceso remoto.
- Copias de seguranza que se poidan recuperar de verdade.
- Coordinar os provedores para que haxa un só interlocutor.
Por que escribo as notas
Case todo o que conto nas notas vino nunha empresa de verdade: unha factura falsa, unha copia que ninguén probara, un acceso que quedou aberto. Explícoo para que outra empresa o recoñeza antes de que lle pase, e digo de onde sae cada dato.
Prefiro dicir as cousas claras, e se algo non fai falla, dígoo. Se quere comentar algo da informática da súa empresa, chámenos ao 986 165 833.