Un correo que parece da súa empresa, co seu dominio, pedindo que paguen unha factura noutra conta. Se o seu dominio non está ben protexido, calquera pode envialo. Compróbeo aquí en segundos.
De balde · Sen rexistro · 10 segundos
Poden enviar correos facéndose pasar pola súa empresa?
Escriba o seu dominio ou o seu enderezo de correo. Revisamos SPF, DKIM, DMARC e cinco proteccións máis, e explicámoslle o resultado sen tecnicismos.
Comprobando
- Servidores de correo (MX)
- Remitentes autorizados (SPF)
- Sinatura dos correos (DKIM)
- Política contra correos falsos (DMARC)
- Cifrado obrigatorio (MTA-STS)
- Informes de cifrado (TLS-RPT)
- Sinatura da zona (DNSSEC)
- Logotipo no correo (BIMI)
Deixámolo perfecto?
Explicámoslle o informe e dicímoslle que cambiar, sen compromiso. Se nos deixa un correo do seu propio dominio, enviámoslle tamén o informe completo.
Que comprobamos
SPF é a lista de servidores que poden enviar correo no nome do seu dominio. Sen ela, calquera pode facelo.
DKIM asina cada correo, para que o destino comprobe que sae de verdade do seu dominio e que ninguén o cambiou polo camiño.
DMARC dílles a Gmail, Outlook e aos demais que facer cun correo que di ser seu e non pasa esas probas: entregalo, mandalo a spam ou rexeitalo. É o que de verdade frea a suplantación.
E catro extras que separan un bo correo dun excelente: cifrado obrigatorio (MTA-STS), informes de cifrado (TLS-RPT), sinatura da zona (DNSSEC) e o seu logotipo xunto aos seus correos (BIMI).
Por que importa
Moitas fraudes de facturas comezan cun correo que parece dun provedor de confianza. Contámolo en esta nota. Con SPF, DKIM e DMARC ben postos, ese correo non chega á caixa de entrada.
Preguntas frecuentes
É de balde? Hai que rexistrarse?
É de balde e non fai falla rexistrarse. Só lle pedimos os seus datos se quere que o axudemos a arranxalo.
Que miran exactamente?
Só rexistros públicos do DNS do seu dominio, os mesmos que consulta calquera servidor de correo do mundo antes de entregarlle unha mensaxe. Non entramos no seu correo nin enviamos nada.
Saíume unha nota baixa, é grave?
Se o resultado di que poden suplantar o seu correo, si: convén arranxalo pronto. Case sempre é cuestión de configurar ben o DNS e o panel do seu correo, sen cambiar de provedor.
Di que non atopa DKIM, pero creo que o teño
DKIM publícase cun nome (selector) que escolle cada provedor e non se pode listar. Probamos os máis habituais; se usa outro, pode estar ben. Nós comprobámolo mirando a cabeceira dun correo seu.